VISITA DE ÉRICA ESMORÍS Á BIBLIOTECA





O pasado venres 28 os nenos de terceiro gozaron coa visita da autora Érica Esmorís na biblioteca do centro.Uxía e Laura, voluntarias do equipo de biblioteca foron as encargadas de facer a súa presentación aos compañeiros de terceiro.

 Erika Esmorís é a autora, entre outras obras, de “patio de luces”, un entretido libro que o noso alumnado acaba de terminar , e que lles gustou tanto que decidiron levar cada un o seu propio patio de luces colgado do pescozo.
Foi un encontro moi divertido no que a autora compartiu cos nenos e nenas vivencias persoais (como o feito de ser veterinaria e deixar de exercer para adicarse á escritura), peculiaridades do libro ( como estár baseado no seu propio patio de luces da infancia) , premios gañados, como coñeceu ao ilustrador etc.
Aínda houbo tempo para xogar a imaxinar máis inquilinos para ese patio de luces.
Terrminado o xogos, @s alumn@s tiveron un intre para charlar coa autora e poder realizar moitas preguntas , tras o cal ,a autora asinoulles cada un dos seus libros.Tamén asinou no libro de visitas da biblioteca.
Todos quedaron moi contentos , sorprendidos e encantados coa autora e a súa profesión.
Estamos seguros que de aquí sairán grandes autores!
Moitas grazas a Érica Esmorís pola súa amabilidade, sinxeleza e por regalarnos unha mañá fantástica.

 

Comentarios

Entradas populares