FALAMOS DE LIBROS ....GOLPES DE LUZ de Ledicia Costas


 

Xuntaza do club de lectura de adultos para falar Golpes de Luz da escritora viguesa Ledicia Costas.

Golpes de luz é a segunda novela desta escritora para o público adulto.
Xulia é xornalista e acaba de separarse, polo que regresa a Galicia co seu fillo Sebas. O rapaz ten dez anos e está convencido de que a avoa Luz é o deus Thor porque nunca se separa do seu martelo. Malia que agoche polvoróns nas medias, beba Sansón ata ver dobre e diga mentiras sen parar, Sebas adora a súa avoa. Xulia non opina o mesmo. Para ela, volver á casa familiar supón enfrontarse a un pasado cheo de segredos que precisa desvelar. O narcotráfico na Galicia dos anos noventa, o mundo dos coidados e a procura da verdade envolven este melodrama, salvaxe e tenro, habitado por uns personaxes inesquecibles. Despois do éxito de «Infamia», Ledicia Costas regresa, dende o seu talento creativo, con «Golpes de luz», unha novela sorprendente e divertida.

Compartimos a nosa visión da novela: ideas, aspectos da novela coa vida real, opinións, o que nos gustara máis...
Encantounos a novela, xenialmente narrada a tres voces: a avoa Luz, a filla Xulia e o seu neto Sebas cunha temática moi variada: enfermidade, separación, cambio de vida, bulling, narcotráfico....






Rematamos a xuntanza compartindo un cafeciño.Foi unha tarde xenial!!!

Comentarios

Entradas populares