OBRADOIRO POÉTICO con Miguel Ángel Alonso


O alumnado de 4º de primaria para conmemorar o DÍA DA POESÍA , 21 de marzo, contou cun obradoiro poético a cargo do poeta-escritor galego Miguel Ángel Alonso  autor dos libros de literatura infantil-xuvenil "O soño de Esther", "A nena á que nondeixaban ser feliz", así como poemarios como "Imaxes e palabras" ou "Retorno ao país dos ananos sen moverse da habitación".

A través deste obradoiro traballáronse aspectos relacionados cos esteriotipos de xénero e o acaso escolar para desmontar estas realidades e configurar unhas novas, pondo en valor a poesía como elemento de transformación e a lingua galega como matriz inesgotable de obras de arte.
Os obxectivos do obradoiro foron:
  • Estimular o amor pola poesía e a creación poética de maneira lúdica.
  • Amosar a poesía e a súa relación  con outras disciplinas artísticas.
  • Ensinar nocións teóricas básicas: rima, ritmo...
  • Fomentar a imaxinación.
  • Fomentar o traballo en grupo.
  • Traballar os esterotipos de xénero.
  • Prevención do acoso escolar.
Este obradoiro foi ofertado polo Concello de Mos dentro da súa oferta educativa.












Comentarios

Entradas populares