FALAMOS DE LIBROS...CLUB DE LECTURA DE 4º

 



O xoves 16 de marzo reuniuse o club de lectura de 4º para comentar o  libro de ¨Fred Quincalla, o nómade do mar¨ de Teresa González Costa da editorial Xerais. O club de lectura de 4º reuniuse na hora do recreo e aproveitamos a hora de ler para levar a cabo a xuntanza.


Esta é unha das moitas historias de Leopolda Diéguez, fascinantenarradora e facedora de artes máxicas. Viaxeira por curiosidade enecesidade, un día Leopolda deu co Gran Gogol, un cociñeiro aprendizde violinista e fuxitivo da inxustiza. Desde entón os dous viaxanxuntos no barco de Leopolda, dando espectáculos musicais en cada lugar ao que chegan e disfrazados para pasaren inadvertidos. Non é paramenos: un rei e mais unha duquesa andan tras deles.

Comezamos a xuntanza falando sobre o libro: relación do título coa historia, a trama, quenes eran as personaxes, a temática, o final, o que máis nos gustará e a nosa opinión persoal.O libro tivo distintas valoracións entre o alumnado, pero coincidiron en que historia era diferente e de amizade.

Para finalizar fixemos pequenos grupos para participar nun concurso de preguntas sobre o libro utilizando as tablets co programa Kahoot, foi moi divertido e pasámolo moi ben.












Comentarios

Entradas populares