O equipo de biblioteca preparou unha exposición temática para poder traballar o Día de Rosalía e recopilou recursos diversos para coñecer a vida e obra da escritora ROSALÍA DE CASTRO.
Programa en RadioPetela sobre a figura da escritora Rosalía de Castro.O alumnado de 5º buscou información da autora, preparou o guión , as preguntas do concurso de infanti/primaria e realizou o programa na radio. Posteriormente contabilizaron as papeletas do concurso para realizar unha conexión especial de entrega de premios.
Traballaron os seus poemas por parellas e decoraron os canchos das escaleiras coa súa poesía.Tamén fixeron uns traballos plásticos nas aulas de 5º e 6º sobre a autora .
O alumnado de infantil traballou a autora a través de códigos QR e un taboleiro de beet bot que elaborou a mestras Vanesa.
Os voluntarios da biblioteca prepararon un recital de poesía para visitar a Residencia Doral onde incluiron poemas da autora.
Comentarios
Publicar un comentario