FALAMOS DE LIBROS - CLUB DE LECTURA 5º




O mércores 22 de febreiro reuniuse o club de lectura de 5º para comentar o  libro de ¨Plan de rescate¨ de Antía Yañez  da editorial Xerais. 


Comezamos a xuntanza falando sobre o libro: relación do título coa historia, a trama, quenes eran as personaxes, a temática, o final, o que máis nos gustará e a nosa opinión persoal.

Saíron temas moi interesantes na conversa : diversidade, compañerismo, diferencias, traballo en equipo, amizade, aventura, amor ...


O libro gustounos moito e sobre todo a trama pereceunos moi orixinal.

Para finalizar fixemos pequenos grupos para participar nun concurso de preguntas sobre o libro utilizando as tablets co programa Kahoot, foi moi divertido e pasámolo moi ben.


Aproveitamos esta xuntanza para coñecernos un pouco mellor e pasar un rato agradable, e nada mellor que compartir xuntos o xantar no cole.





















Comentarios

Entradas populares