COMENZAMOS ...CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

 



Iniciamos un novo reto, o club de lectura de adultos grazas ao programa  “Familias e lectura”.

Os Clubs de Lectura están formados por persoas que len, a soas e a un tempo, unha mesma obra literaria.

Este club de lectura vai dirixido ás familias e profesorado da nosa Comunidade Educativa que teñan inquedanza pola lectura.

Na primeira xuntaza presentamos a actividade, a dinámica de organización e o seu funcionamento. Seguidamente cada un dos particpantes contou que foi o que o animou a participar no club de lectura: gañas de ler, falar de temas con outras personas, realizar unha actividade diferente en torno á lectura...

Nesta primeira xuntaza eleximos o primer libro de lectura que foi: Golpes de luz da escritora viguesa Ledicia Costas. Tamén os participantes recibiron un pequeno agasallo de benvida: bolsa co logo do club de lectura, caderno, marcador de lectura e un bolígrafo.

Iniciamos esta nova andaina con moita ilusión. Grazas a todas  que vos animastes a participar nesta iniciativa!!!






Comentarios

Entradas populares