FALAMOS DE LIBROS - CLUB DE LECTURA 6º


 


O mércores 18 de xaneiro reuniuse o club de lectura de 6º para comentar o  libro de ¨Nata e chocolate¨ de Alicia Borrás Sanjurjo da editorial Anaya. 


Comezamos a xuntanza falando sobre o libro: relación do título coa historia, a trama, quenes eran as personaxes, a temática, o final, o que máis nos gustará e a nosa opinión persoal.

Saíron temas moi interesantes na conversa : defensa da diferencia, respeto polos demais, amor polo libros, papel dos mestres, adopción, abuso, compañerismo...


O libro gustounos moito e estamos desexando ler a segunda parte :¨Nata y chocolate invenibles¨, algúns xa o temos en préstamos da biblioteca.

Para finalizar fixemos pequenos grupos para realizar coa aplicación WordArt.com  unhas nubes de palabras sobre o noso libro de lectura.

Con este libro descubrimos que hai xente que é  albina , que son persoas igual de sensibles que nós e que hai que tratar ben a tod@s porque elas son iguais por dentro aínda que diferentes por fóra. Ser diferente no aspecto é o menos importante.

Aproveitamos esta xuntanza para coñecernos un pouco mellor e pasar un rato agradable, e nada mellor que compartir xuntos o xantar no cole.





Comentarios

Entradas populares