MERCADO SOLIDARIO DE NADAL

 


O equipo de biblioteca a partir do expurgo de fondos decidiu realizar un mercado solidario e colaborar co Proxecto ¨Mos Axuda¨ da Concellería de Política Social do Concello de Mos.


Os voluntarios da biblioteca de 6º Educación Primaria foron os encargados  de levar a cabo a súa preparación: forrar a mesa, facer as letras, colocar os libros e estar a cargo do mercado onde o alumnado pode coller un libro a cambio de 1 kilo de alimentos e así darlle unha segunda vida aos libros. Dende o martes 13 ao luns 19 de decembro a alumnado baixará na hora do recreo ao vestibulo cos seus mestres para facer o intercambio. O mércores 21 pasaron polo colexio para recoller os produtos do mercado solidario. 

Grazas ás familias por participar e colaborar nesta acción solidaria co Proxecto ¨ MOS AXUDA¨.













Comentarios

Entradas populares