3 de Decembro, DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 



“O certo é, que nalgún momento da nosa vida, tivemos algunha discapacidade, ás veces de maneira temporal ou algo máis permanente. Desde unha torcedura, un problema de costas ou un problema de visión, toda condición que limite as nosas capacidades supón unha discapacidade. Isto axuda a entender como é a vida, a diario, para quen o sofren de forma permanente”.

O día 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, por iso, EVD Galicia en colaboración co Concello de Mos, únense co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade e o desenvolvemento, así como concienciar sobre a súa situación en todos os ámbitos da vida.

Para sensibilizar aos nenos ante a discapacidade intelectual , o alumnado de 1º e 2º disfrutou dun obradioro  grazas a Centro EVD ( acompañadas dunha monitora) de xogos como actividade de integración :  ” Hoxe nos divertiMos” . Xogaron ao dominó, parchís, damas e as cartas.

Os obxectivos da actividade  eran :

  • Promover un clima de traballo cooperativo e colaboración entre rapaces e rapazas.
  • Favorecer as situacións de igualdade nas relacións.
  •  Favorecer as relacións interxeracionais
  •  Compartir un momento lúdico entre todos

Agradecer ao Concello de Mos  a proposta desta actividade tan enriquecedora para o noso alumnado.




Comentarios

Entradas populares