SAMAÍN NA BIBLIO





No mes de Outubro para celebrar o SAMAÍN contamos con diferentes actividades organizadas polo Equipo de biblioteca e Dinamización da Lingua Galega.
  • Exposición Temática de Samaín, o alumnado visitou a exposición no recuncho de lectura e gozou dos contos de medo, bruxas, cabazas...




  • Durante o mes de outubro,  os venres, adicamos a hora de ler a temática de contos de medo, bruxas, pantasmas...





  • Exposición de cabazas que os nenos e nenas trouxeron polo Samaín. Recomendamos utilizar materiais de refugallo para fomentar o noso proxecto de centro ¨Coidamos o noso planeta¨. Agradecer ás familias a súa colaboración .



Vídeo de exposición de cabazas➽Samaín 2022
  • O alumnado de cuarto realizou un programa especial RADIOPETELA /Samaín, tamén fixeron unha conexión especial para nomear os gañadores do concurso sobre o Samaín .

Pinchar enlace para ver a ➽Reportaxe sobre programa de radio especial SAMAÍN

  • O alumnado de 4º realizou mediante plantillas de siluetas unhas pantasmas moi chulas que decoraron con esponxas e témperas nun fondo de cartolina negra que expuxeron na entrada do cole.

  • O alumnado de 5º preparou uns contos de medo por equipo utilizando tarxetas de personaxes.Despois leron os contos elaborados na hora de ler deste mes. Así mesmo coa axuda das familias elaboraron uns doces para conmemorar esta data e fixeron unha merenda na casa para degustalos, que bos estaban !!!







Comentarios

Entradas populares