25 N, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 





O equipo de Biblioteca e o Equipo de convivencia do centro propuxeron ás aulas as seguintes propostas para traballar o 25N.

  • Decorar as portas cunha semente con pingas de auga que recollan termos/ palabras tanto positivas como negativas para traballar a Violencia de xénero. 

2º EP

5ºEP


  • Exposición temáticas de lecturas 25N.
  • Xincana de corresponsabilidade ofertada polo Concello de Mos, ao alumnado de 3º,4º, 5º e 6º.

O cambio social producido nos últimos anos, amosa o trato discriminatorio que a asunción deste modelos supón para as mulleres, e a necesidade de acadar unha nova organización que garante a incorporación da muller ao mercado laboral, e no que se poidan facer compatibles as diferentes facetas da súa vida: emprego, ocio, familia, tempo persoal, etc. Dende esta óptica, é preciso visualizar que o labor de coidado, constitúe un problema de equidade cuia resolución recae na sociedade no seu conxunto. Polo tanto, é imprescindible garantir e implementar medidas de conciliación con corresponsabilidade.

Tendo en conta que o mellor é que os nenos e as nenas se impliquen canto antes nas tarefas domésticas e que, o que pode resultar unha carga realizase por obrigación, pode converterse en algo ben distinto se se entende en clave de xogo, propuxemos a xincana para traballar este aspecto desde idades temperás.

Atendendo ó nivel madurativo dos nenos e nenas organizáronse 10 actividades nun círculo polo que o alumnado rotará, permanecendo en cada posto aproximadamente dez minutos. Tras a realización de cada actividade, colocarase un selo nunha tarxeta que quedará completa ao terminar a actividade. 

As actividades a realizar: 1. Poñer a mesa. 2. Fregar os pratos. 3. Barrer e fregar o chán. 4. Tender a roupa. 5. Dobrar a roupa. 6. Poñer e quitar parafusos. 7. Cociñar. 8. Vestir e cambiar pañais. 9. Comprar. 10. Limpar cristais.





  • O equipo de biblioteca elaborou un genially con propostas de lecturas e curtametraxes .

Comentarios

Entradas populares