Visita de Iago López






O alumnado de 2º de Educación primaria recibiu a visita de IAGO LÓPEZ autor do seu libro de lectura ¨Marosa e Mariña camiñan a Compostela¨.

Iago  caracterizado de peregrino contoulles as aventuras da osa Marosa e da toupiña Mariña, as únicas que podían arranxar a corda que suxetaba o botafumeiro que caera na catedral de Santiago e como tiveran que empreder a viaxe a Santiago de Compostela para axudar a que todo estivera listo para recibir as visitas dos peregrinos.
O alumnado ensinoulles os traballos que fixeran do libro de lectura e contoulle que estaban a investigar sobre o camiño de Santiago grazas á lectura do seu libro.
Antes de marchar asinounos os libros de lectura e tamén o libro da biblioteca.Nós fixémoslle un agasallo pola súa visita.
Que ben o pasamos con Iago, foi un encontro moi divertido!!!


Grazas Iago pola túa visita e ata pronto!!!

Traballando o libro de lectura na aula












Iago asinando no libro da biblioteca

Iago co agasallo que lle entregamos de lembranza

  • Vídeo de presentación do libro ¨Marosa e Mariña camiñan a Compostela¨

Comentarios

Entradas populares