Títeres do Voluntariado de Lectura




Os voluntarios da biblioteca de 6º estiveron ensaiando durante o terceiro trimestre un teatrillo de títeres para representalo ao alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria.O teatrillo foi ¨OS TRES PORQUIÑOS¨.

O alumnado quedou as tardes do mércores coa mestra Ángeles, coordinadora da biblioteca, para levar a cabo os ensaios, así mesmo aproveitamos para comer xuntos e pasar un intre agradable compartirdo ideas, suxerencias e...






E chegou o día para mostrar o noso traballo aos máis pequerrechos da escola o alumnado de infantil ,1º e 2º de primaria.Montamos o teatrillo, collimos os títeres, os instrumentos ... e  comezamos . Estábamos un poco nerviosos máis saíu todo ben e os nen@s pasáronno xenial.Rematamos o teatrillo cantando todos xuntos a canción dos tres porquiños.











P   A   R   A   B   É   N   S 


Comentarios

Entradas populares