Obradoiro de Booktrailers-Voluntariado de Lectura




O venres 17 de xuño os voluntarios da biblioteca gozaron co obradoiro de booktrailers con Roi Guitián grazas a ser seleccionados dentro do programa de Bibliotecas Escolares Solidarias na iniciativa ¨Voluntariado de Lectura-A ¨.

Así traballamos no obradoiro:

  • Chuvia de ideas sobre o que é un booktrailer.
  • Pasos para facer un booktrailer.
  1. Planificar- facer un guión: pensar no texto, imaxes, música...
  2. Gravación.
  3. Edición.
  • Visualización de varios exemplos de booktrailers para ver posibilidades de recursos para elaborar os nosos booktrailers.A importancia de planificar as escenas.
  • Recomendacións a ter en conta: ter a tableta en horizontal, evitar ruído de fondo ,estar preto da cámara ao falar, para a voz en off falar amodiño e cerca do altofalante , ao rematar comprobar que está todo correcto.
Durante o obradoiro :organizámonos en pequenos grupos elexindo o libro de lectura co que imos facer o noso booktrailers. Empezar facendo un pequeno storyboard, debuxando o que queren gravar ,e  por último facer a gravación e edición cada grupo coa súa tableta desta maneira aprenden todo o proceso e poden facer máis de forma máis autónoma máis adiante.

Para rematar visualizamos os distintos booktrailers realizados polos equipos.

Foi unha experiencia fantástica para o noso alumnado voluntario, un día xenial onde aprendemos moitísimo .Grazas Roi por todo.










Comentarios

Entradas populares