O mércores día 27 de abril reuniuse o club de lectura de 5º e 6º para comentar o libro ¨Bruxa e familia¨ de Paula Carballeira.Comezamos a reunión facendo unha pequeña presentación do libro elexido mediante un vídeo.Despois falamos sobre o libro: as personaxes, as historias que vive a protagonista con cada personaxe, como estaba estructurado o libro , para rematar expresando o que máis nos gustara e a nosa opinión persoal.Aproveitamos esta xuntanza para crear uns taboleiros coas personaxes do libro que limos e coñecer o manexo do escornabot. Antes de finalizar, preparamos unhas preguntas para a visita que proximamente teremos con Paula Carballeira.
Aproveitamos esta xuntanza , como nas anteriores reunións para coñecernos e pasar un rato agradable, e nada mellor que compartir xuntos o xantar no cole.
O día 15 de xuño recibimos a visita de Paula Carballeira que visitou o noso cole para charlar co alumnado de 1º. Na hora do recreo reuniuse co club de lectura e puidemos charlar con ela do seu libro ¨Bruxa e familia¨.Contounos como pensara as personaxes, que o libro tiña unha parte de realidade baseada na súas vivencias e anécdotas da súa familia, de onde procedían os nomes dalgunhas personaxes do libro ,porque lle gustaba escribir contos de medo e nos preguntámoslle as nosas dúbidas sobre o libro.Ramatou contandonos un conto de medo.
Que ben o pasamos, Grazas Paula pola túa visita e por compartir con nós un intre na biblioteca.
Vídeos de presentación do libro¨Bruxa e familia ¨de Paula Carballeira.
Comentarios
Publicar un comentario