O alumnado de 6º de Educación primaria contou coa visita da escritora ANTÍA YAÑEZ autora do seu libro de lectura ¨Plan rescate¨.Os voluntarios da biblioteca de 6º Pablo del Cuvillo e Pablo Rodríguez foron os encargados de presentar á autora aos compañeiros.
 |
Os voluntarios Pablo del Cuvillo e Pablo Rodríguez na presentación á autora |


O libro que está ilustrado por Xiana Teimoy, gañou o III Premio Agustín Fernández Paz á igualdade 2020.
Antía cóntanos as aventuras de Xeila, Heitor, Aldán e Noela mentres traballaban na aula de apoio do seu colexio.
É unha divertida aventura na que hai escopetas, sangue, xuramentos e incluso un plan de rescate, pero tamén un chisco de amizade, camaradería, traballo en equipo e incluso algo de amor.
A idea que subxace detrás dun argumento aparentemente convencional é que calquera persoa pode resolver un misterio ou desenvolverse na vida, e que non ten sentido que menosprecemos a ninguén por non ser coma nós.
O alumnado preguntoulle a Antía as dúbidas sobre o libro como elexirá as personaxes, o lugar, o trama ou desde cando escribía, se lle gustaba o seu traballo...Unha conversa moi entretida na que pasaron un intre moi ameno coa escritora.
Para rematar Antía asinoulles os libros de lectura e tamén o libro da biblioteca cunha lembraza da súa visita.Nós fixémoslle un agasallo de agradecemento.
GRAZAS ANTÍA, ATA A PRÓXIMA


Comentarios
Publicar un comentario