VISITA DE ANDREA MACEIRAS





O alumnado de 5º A e 5º B recibiu na biblioteca a ANDREA MACEIRAS autora do seu libro de lectura ¨A folla azul¨


Martín e Anxo , alumnos do voluntariado da biblioteca foron os encargados de presentar  á autora e esta organizou o acto en tres partes:
1ª parte : Levou ao alumnado a través dunha viaxe imaxinaria, de tres días, pola selva amazónica.
2ª parte: Rolda de preguntas, onde o alumnado foi indagando sobre diferentes cuestións relacionadas co libro e coa autora na súa faceta de escritora.
3ª parte: Sinatura por parte da escritora, dos libros do alumnado e da biblioteca.


Finalmente, rematamos o acto facéndolle un agasallo en agradecemento.
A exposición foi moi dinámica, amena e interesante e o alumnado gozou moito desta actividade.



Os voluntarios na presentación da autora


Anxo e Martín na súa presentación




Andrea rebicindo o agasallo da biblioteca.

Andrea asinando no libro da biblioteca unha lembranza







 

Comentarios

Entradas populares