PROXECTOS NAS AULAS DE INFANTIL

 


O alumnado de Educación Infantil traballou por proxectos cun enfoque metodolóxico globalizado e integrador baseado no tratamento da información de xeito conxunto: os compañeiros e compañeiras ,a escola e a familia. Seguiron diferentes fases cada unha igual de importante e necesaria, para a fase de indagación e investigación contaron coa importante axuda das familias, que en forma de libros e contos, proporcionaron información. Ademais tamén acudiron á biblioteca do centro para seguir completando a información e ampliando coñecementos.

Os diferentes elementos dun proxecto permitiron desenvolver unha indagación ou investigación axudando aos nenos e nenas a comprender e interpretar a realidade, ademais de contribuír a que participen no seu propio proceso de aprendizaxe e teña en conta as e os iguais como facilitadoras e facilitadores da aprendizaxe.

Dende a biblioteca do centro preparáronse unhas caixas viaxeiras con material para investigar os proxectos levados a cabo polas aulas.Os proxectos traballados foron:o corpo humano, Camiño de Santiago, Arcimboldo e canguros.


O alumnado de infantil pasouno en grande coa abelliña Lola traballando conceptos coma asociacións, vocabulario... ao mesmo tempo que progresaron na orientación viso-espacial e no uso da robótica. 



















Comentarios

Entradas populares