O día 16 de maio contamos cunha visita moi especial para nós, Ledicia Costas visitou o noso cole e aproveitamos para recibila no club de lectura xa que estamos a ler un dos seus libros ¨Escarlatina, a cociñeira defunta¨.Que mellor que a propia autora para lernos un anaco do seu libro como prólogo a sesión do club de lectura.Tamén aproveitamos para conversar con ela das personaxes, da súa paixón por escribir, os seus gustos...
Gracias Ledicia por adicarnos este pequeno tempo de conversa.
O mércores 25 de maio reuniuse o club de lectura de 5º e 6º para comentar o libro ¨Escarlatina, a cociñeira defunta¨ de Ledicia Costas. Comezamos a reunión vendo un vídeo de presentación do libro.Despois falamos sobre o libro:as personaxes , o que máis nos gustará, as recetas que algún xa fixera e que estaban boísimas, a nosa opinón ...Despois por pequenos grupos preparamos as preguntas para o concurso que fixemo... Coñeces a Escarlatina?
Os equipos prepararan as preguntas e as respostas para facer os compañeiros, a verdade é que traballaron moi ben en equipo e as preguntas están moi ben feitas, así que estivo moi reñido.
Aproveitamos esta xuntanza para coñecernos un pouco mellor e pasar un rato agradable, e nada mellor que compartir xuntos o xantar no cole.
Ledicia asinando no libro da biblioteca
Para coñecer máis sobre o libro de Escarlatina, a súa autora e o ilustrador Victor Rivas aqui tedes un video .
Comentarios
Publicar un comentario