CHARLA SOBRE ALMORZOS SAUDABLES EN 2º EP

 



O alumnado de 2º de EP  recibiu na aula unha charla sobre alimentación saudable  a cargo de  Inés e Lorena , enfermeiras do Centro de Saúde de Mos, que dende a Concellería de Educación  leva a cabo o Concello de Mos.O obxectivo é reducir ou eliminar todos aqueles factores que incrementan a probabilidade de que se produza un trastorno.

O alumnado estivo traballando durante o curso un proxecto de alimentación saudable coa profe Ledicia, mestra de educación física, a través de diferentes libros da biblioteca: ¨La rebelión de las verduras¨, ¨cuentos cortos para comer de todo¨, ¨Sanotes, sanitos¨...

As profesionais de Atención Primaria consideran fundamental promover hábitos de vida saudable na poboación para poder previr enfermidades crónicas e outros problemas de saúde, como por exemplo a obesidade, cuxa prevalencia aumentou drasticamente na poboación infantoxuvenil, situándose o sobre peso nun 25% e a obesidade nun 15%.

Consideramos que un dos lugares onde se traballa mellor estas prevencións é na escola, como responsable da adquisición por parte dos nenos e nenas de información, formación e valores necesarios para adquisición dunha vida saudable. Uns valores que tamén se deben traballar dende os fogares por parte das familias.

Inés e Lorena presentáronnos a Almorciña e a partir de ahi explicáronnos a importancia dos alimentos: lácteos, cereais, froita... Tamén  faláronnos de como reducir o azucre que inxerimos ao longo do día , como almorzar de maneira saudable e como limpar os dentes. Para rematar tivemos un almorzo saudable. O alumnado recibiu un tríptico con recomendacións para as familias.

Grazas a Inés e a Lorena pola charla tan interesante e o Concello de Mos pola iniciativa.



ALMORCIÑA


















Comentarios

Entradas populares