OBRADOIRO DE XADREZ

 


Dende o Concello de Mos chegou unha proposta dun obradoiro de xadrez para levar a cabo nas aulas de 1º e 2º de Educación Primaria.As titoras pareceunos moi interesante a proposta a realizar.Os obradoiros leváronse a cabo dende o 7 de marzo ao 8 de abril, cada curso terá 5 sesións.

O obradoiro foi impartido por Brais Otero, coordinador do Club Xadrez Mos.Os contidos que se pretenden traballar foron:

-O taboleiro e as fichas. 

- Os peóns e o rei. 

- As torres. 

- Practica con torres e peóns. 

- Coñece os alfís e os cabalos.

- Practica con cabalos, torres e peóns. 

- O poder da Reina e os seus cabalos.

 - Apertura, o desenvolvemento e o xaque mate.

Trátase de introducir ao alumnado nos conceptos básicos do xadrez, coa posibilidade de continuar a formación como xadrecista no club de xadrez de Mos, e introducirse así na competición federativa. Ademais, traballáronse aspectos como memoria, atención, capacidade reflexiva e actitudes na aula; e valores sociais como integración, paciencia, traballo en equipo.

Aproveitando o obradoiro de xadrez, creamos uns taboleiros para coñecer e xogar cos escornabots.Para xogar empregamos dous escornabots e un dado. Segundo a figura que saíra no dado, o xogador tiña que dirixirse a figura no taboleiro. Colocamos pezas do xogo do xadrez de forma aleatoria nalgúns dos cadrados do taboliero.Os dous xogadores tiñan que percorrer o taboleiro chegando á figura indicada. 







Comentarios

Entradas populares