MES DOS LIBROS-APADRIÑAMENTO LECTOR




Nerea e Martín  voluntarios de 6º téncicos en Radio Petela.



Enma e Martina Voluntarias de 5º presentando o acto dende Radio Petela.

O xoves  28 celebramos o APADRIÑAMENTO LECTOR para conmemorar o DÍA DO LIBRO 2022.Os volunatarios de 5º  e 6º foron os encargados de presentar o acto dende Radio Petela.
Os alumnos leron ao compañero asignado un libro durante o apadriñamento, a duración do tempo de lectura foi de vinte minutos aproximadamente.En infantil foron as mestras as que leron ao alumnado. As aulas, opcional, prepararon un marcapáxinas de lembranza  para entregar no apadriñamento.
Os/As titores/as baixaron cos seus grupos despois do recreo ao patio.Os especialistas axudaron no apadriñamento ás aulas que o precisaron.
Despois do recreo baixamos ao patio cando sonou a canción do día do libro, un libro de Paco Nogueiras. Empezamos a baixar ata as pistas e nos colocamos no patio nos espazos habilitados para cada aula. A continuación os voluntarios da biblioteca presentaron o acto e empezou o apadriñamento lector.
Cando volveu soar a canción do día do libro , un libro de Paco Nogueiras, comenzamos a subir ás aulas ordeadamente.

Foi un día moi especial compartindo lecturas cos compañeiros.


Comentarios

Entradas populares