I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA.DIA DO LIBRO 2022

 



A biblioteca do CEIP de Petelos organiza o I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA para todo o alumnado do centro para celebrar a conmemoración do ´´DIA DO LIBRO´´.
O obxectivo  é fomentar a participación do alumnado que mediante a imaxe dunha fotografía capturará monumentos, rúas ou recunchos con encanto do Concello de Mos lendo.
 

BASES DO CONCURSO: 
  • Poderá participar todo o alumnado do centro cunha fotografía orixinal  por alumno/a da temática do concurso .
  • As fotografías poden ser en branco e negro ou en cor   e presentaranse nun tamaño mínimo de 18×24 centímetros.
  • Cada fotografía entregarase dentro dun sobre pechado.No reverso da fotografía escribirán o título da fotografía cunha frase que faga alusión ao contido, nome do alumno/a e curso.
  • As fotografías entregaranse aos titores.
  • O prazo de entrega será dende o 22  ata o 29 abril.
  • O xurado será o equipo de biblioteca do centro.
  • As fotografías aportadas serán expostas na entrada do colexio mediante unha exposición.
  • O xurado elixirá unha ou dúas fotografías gañadoras por nivel.Os nomes dos gañadores serán comunicados na exposición.
  • O premio consistirá nun diploma e un pequeno agasallo adaptado ao nivel.
  • A participación neste concurso implica a aceptación das normas.
ÁNIMATE A PARTICIPAR !!!


Comentarios

Entradas populares