FALAMOS DE LIBROS - CLUB DE LECTURA DE 5º E 6º

 




O mércores 23 de marzo reuniuse o club de lectura de 5º e 6º para comentar o  libro de Luces en el canal de David Fernández Sifres. Comezamos a reunión vendo un vídeo de presentación do libro.Despois falamos sobre o libro: onde se desenvolvía a trama, quenes eran as personaxes, a temática, o final, o que máis nos gustará e a nosa opinión persoal.


Para finalizar fixemos pequenos grupos para participar nun concurso de preguntas sobre o libro utilizando as tablets co programa Kahoot, foi moi divertido e pasámolo moi ben.


Aproveitamos esta xuntanza para coñecernos un pouco mellor e pasar un rato agradable, e nada mellor que compartir xuntos o xantar no cole.




AS NOSAS OPINIÓNS DO LIBRO

  • ¨A mim gustoume moito e ensinoume bastantes cousas: non hai que xulgrar a xente polo seu aspecto porque pode ser unha gran persoa. É un libro moi interesante¨.Eu o recomendaría porque nos pode axudar a comprender o que lle pasa a outras persoas.
Nerea , alumna de 6º EP
  • ¨Pareceume moi interesante porque empeza cun rapaz falando cun señor pero ao longo do libro imos descubrindo unha historia de amistade e empatía entre eles.¨Eu o recomendo porque amosa a importancia de non xulgar as apariencias.
Pablo R. alumno de 6º EP
  • ¨Un libro moi interesante, gustoume moito porque é moi variado, entretido e inxenioso. As miñas personaxes favoritas son :Jaap Dussel  e  Frederick¨
Martín Estévez  alumno de 6ºEP
  • ¨Gustoume moito porque nunha parte das partes di:todo é posible.É moi divertido e ten unha reflexión importante non xulgar aos demais sen coñecer as persoas¨
Emma Barreiro alumna de 5ºA
  • ¨Encantoume o libro, enganchoume dende o principio.É moi orixinal.Ensínanos a non criticar ás persoas antes de coñecelas.¨
Valeria alumna de 5ºA













Comentarios

Entradas populares