ACTIVIDADES ¨DÍA DA PAZ¨

 




  • O venres 28 de xaneiro, o alumnado de 1º curso, xunto coa súa profe Iria, preparou e realizou un programa de radio especial sobre o Día da Paz, que, como sabedes, celébrase cada ano o 30 de xaneiro. Aquí podedes escoitalo, e non o perdades, porque o fixeron XENIAL!! Queremos agradecer ao noso técnico formado por Martín e Pablo R., de 6º, a súa colaboración.
Pinchar para escoitarRADIOPETELA: ESPECIAL ¨DÍA DA PAZ¨



  • Exposición Temática "Día Daz Paz" no recuncho de lectura para gozar das lecturas.

  • Para celebrar o Día da Paz, ademais das actividades propostas dende o Equipo de Convivencia do cole, na aula de Música estivemos traballando a canción "Onde reina a paz", composta expresamente para o cole por Chus Domínguez, e que tivemos a sorte de gravala coas voces de nenas e nenos da nosa escola, comprobando unha vez máis o ben que se canta aquí en Petelos. Ademais fixemos un vídeo da canción, e aquí tedes o resultado. Esperamos que o disfrutedes.

Comentarios

Entradas populares