MERCADO SOLIDARIO DE NADAL

 



O equipo de biblioteca a partir do expurgo de fondos decidiu realizar un mercado solidario e colaborar co Proxecto ¨Mos Axuda¨ da Concellería de Política Social do Concello de Mos.


Os voluntarios da biblioteca foron os encargados  de levar a cabo a súa preparación: forrar a mesa, facer as letras, colocar os libros e estar a cargo do mercado onde o alumnado pode coller un libro a cambio de 1 kilo de alimentos e así darlle unha segunda vida aos libros. Dende o martes 14 ao luns 20 de decembro a alumnado baixará na hora do recreo ao vestibulo cos seus mestres para facer o intercambio. Haberá un horario para as titorías debido ao protocolo Covid.








Comentarios

Entradas populares