3 DE DECEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE. "TODOS BAIXO O MESMO PARAUGAS".

Actividade para Primaria 2º e 3º de Educación Primaria.
Entre os días 29 de novembro e 2 de decembro, leváronse a cabo uns obradoiros impartidos por EVD Galicia, nos centros educativos do concello de Mos, co obxectivo de sensibilizar aos/as nenos/as e á mocidade do municipio. E hoxe 3 de decembro, dito alumnado saiu ao patio co material elaborado nestes talleres, coa finalidade de reivindicar os dereitos das persoas con discapacidade.


Os obxectivos desta actividade son mellorar a integración e a inclusión do colectivo con discapacidade. Promover un clima de traballo cooperativo e colaboración entre rapaces e rapazas. Favorecer as situacións de igualdade nas relacións. E fomentar o aprendizaxe de valores baseados no respecto polas diferenzas, a igualdade e a tolerancia.


A actividade consistiu na visita de EVD Galicia (unha usuaria e unha monitora) do Centro de Petelos, presentando aos escolares o centro no que residen, como funciona e como é o seu día a día no propio centro.No noso centro o obradoiro foi levado a cabo polas mestras co material aportado. Seguidamente, en pequenos grupos de 4 decoraron un paraugas no que teñen cabida todos, fomentando a igualdade e a tolerancia.
O alumnado que participou neste obradoiro saiu ao patio para darlle visibilidade a esta conmemoración.














Comentarios

Entradas populares