FESTA DOS MAIOS

 


Chegando o mes de Maio no noso centro celebramos a FESTA DOS MAIOS.

O alumnado do centro aportou os materiais e elaborou  a parte asignada pala confecionar o maio: :Infantil e 1º nivel realizaron as cadeas de flores, 2º nivel a cadea de ovos, 3º-4º nivel as cadeas de laranxas e limóns e 5º e 6ºnivel  a estructura do maio realizado con fiuncho.

Cada aula creou as súas coplas nas titorías que ensaiaron coa mestra de música Raquel . O mércores  5  de maio cada aula saiu o recinto do patio  onde estaba colocado o maio a cantar as súas coplas , acompañados ao acordeón pola mestra de música Raquel, este ano sen público por mor do COVID.

Aqui tedes o resultado final do traballo do nos alumnado.

Para visualizar pinchade no enlace➽MAIOS 2021

Comentarios

Entradas populares