24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS

Desde 1997, cada 24 de outubro celebramos o  Día da Biblioteca, unha iniciativa impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, en colaboración co Ministerio de Cultura e todas as Administracións autonómicas.

O lema deste ano ¨Sempre ao teu carón¨ céntrase en destacar o papel que xogan as bibliotecas ofrecendo o acceso á cultura, ao coñecemento e o lecer.



Durante este curso levaremos a cabo o proxecto Anual de Biblioteca : DESCUBRI ´´MOS´´ CON PETELA. Neste curso coñeceremos e investigaremos as parroquias de : Petelos, Tameiga, Torroso e Dornelas.



Na biblioteca tedes unha exposicións de libros que podedes levar as aulas para ler na hora de Ler, agardamos que disfrutes da súa lectura.


O equipo de biblio preparou unha canción e uns contos para a HORA DE LER, podedes visualizalas no seguinte genially.


Comentarios

Entradas populares